Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Colectivos

O pleno da Illa aproba unha moción de apoio á enmenda á «Ley General de Navegación Marítima». Aumentan os apoios.

| |

O pleno do Concello da Illa de Arousa aprobou a moción presentada polo grupo de goberno a proposta da ACD Dorna para apoiar a enmenda á «Ley General de Navegación Marítima».

Prevendo que se aprobe a enmenda no Congreso xa se empezou a traballar no futuro regulamento deste tipo de embarcacións.
Acaban de crearse dous grupos de traballo, un en Cataluña e outro en Galicia para estudiar e propoñer un borrador de regulamento. A estos dous grupos é probable que se sumen grupos doutras zonas.

Aumentan os apoios, que neste momento son:

ADHESIONS a 8 de Marzo de 2010 Ler máis»


Argazo e arqueoloxía subacuatica no novo volume da Revista de Estudos Miñoranos

|

Acaba de sair o novo volume da Revista de Estudos Miñoranos, correspondente aos números 7/8/9 e que entre outros inclue dous interesantes artigos: Intervención arqueolóxica subacuática, ampliación do peirao de porto de Baiona, Pontevedra de Miguel San Claudio Santa Cruz e Raúl González Gallero, e Notas etnohistóricas sobre o aproveitamento do argazo na costa suroeste de Pontevedra (de Silleiro ao Miño) de Roberto Rodríguez Álvarez.


Regata de Dornas San Vicente

|
14 Ago 2010 - 12:00
14 Ago 2010 - 15:00

Organiza: C.N. San Vicente e Amigos da Dorna Meca


III Regata Calmoseira. Cambados

|
31 Xul 2010 - 12:00
31 Xul 2010 - 15:00

Organiza: A. Calmoseira


O Concello de Moaña vai recuperar dúas carpinterías de ribeira.

|

O Concello de Moaña vai intentar convertir duas carpinterias de ribeira sen actividade industrial en Museo da Carpintería de Ribeira.
Unha das instalacións é a que usa Sueste para os Campamentos de verán, e en principio o alcalde pretende integrar a asociación no proxecto de Museo.


O Concello do Grove apoia a enmenda á «Ley General de Navegación Marítima»

|


Onte, xoves 25 de febreiro, o pleno do Concello do Grove aprobou por unanimidade a Moción de apoio á enmenda á «Ley General de Navegación Marítima».
No texto desta moción traballaron Antón Mascato, Concelleiro de Patrimonio, Dionisio Pereira, historiador, e Víctor Fernández, presidente da FGCMF.
Esperemos que o Concello do Grove abra o camiño a outros concellos e institucións no apoio á enmenda e na defensa do patrimonio marítimo.
Seguimos recollendo apoios.

(Foto TodoGrove.com)


O estaleiro de Purro volve estar en perigo

|


A Demarcación de Costas, dependente da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino) acaba de dar dous meses de prazo á Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura para que determine se o Estaleiro de Purro, en Bueu, é un ben inventariable ou merecente doutro tipo de protección. Caso de que pase o prazo e non sexa obxecto de protección será derrubado.

Membros da Xunta Directiva da FGCMF mantiveron o pasado venres unha reunión cos Galos de Bueu e coa directora do Museo Masso para recabar información sobre a situación do estaleiro e prantexar actuacións para lograr a protección desta instalación única en Galicia.
Parece que é necesario un último esforzo para salvar este estaleiro, que puido sobrevivir ata aquí polo traballo feito polos Galos nestes anos e que agora precisa o apoio de todos.

Cando noutras partes de España se laian de que xa non teñen carpinterías de ribeira, ou cando noutros sitios se asume a importancia deste tipo de instalacións, como en Malaga ou Pasaia, aquí ainda hai xente que só ve nelas ruinas. Por sorte tamén hai outros grupos, como Anduxía, que apoian a recuperación de Purro.


Regata Lajareu. Ribeira

|
4 Set 2010 - 16:00
4 Set 2010 - 20:00

Organiza: Lajareu por Barlovento


Regata da Dorna. Ribeira

|
24 Xul 2010 - 16:00
24 Xul 2010 - 20:00

Organiza: Lajareu por Barlovento


Centro de Mergulho e Ecologia Marinha - FORUM Esposendense

|


O Forum Esposendense acaba de crear o Centro de Mergulho e Ecologia Marinha con páxina no Facebook.
Aproveitamos para recomendarvos unha visita ao sitio do Forum, onde atoparades información e fotografías sobre os seus barcos: a replica da catraia Santa Maria dos Anjos, e os barcos de salvamento Patrão Rabumba e Patrão Lopes/Rio Cávado.


Distribuir contido

Destacamos

Comentarios recentes

Mostra de imaxes

irmandinha

Enlaces

- Asociacións (10)
- Barcos (4)
- Blogs (3)
- Construcción naval (5)
- Museos (3)
- Regatas (1)

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos