Organiza: Barcos do Norte e Camara Municipal de Viana do Castelo
Organiza: Barcos do Norte e Camara Municipal de Viana do Castelo
Organiza: C.M. Reiboa
Organiza: Sueste
Organiza: Mar de Muros
Organiza: Barcas do Minho
Organiza: Asociação de Ex-Marinheiros da Armada de Vila do Conde
No pasado IX Encontro en Muros houbo unha actividade que consistíu no lanzamento ao mar de mensaxes en forma de obxecto artístico cun texto literario dentro feitos por parellas de artistas e literatos.
6 meses despois acaba de recuperarse unha desas mensaxes pero curiosamente dentro da ría de Muros.
Neste video de Lino Cabral podedes ver imaxes tomadas no Encontro de Embarcações Tradicionais em Lanhelas. Son varios os barcos que aparecen pero o protagonista é o carocho do Minho.
Estas son máis fotos do I Encontro en Ribeira no 93 e que hoxe están aquí gracias á amabilidade de Xabier Pereira, o patrón do Búrbida, que as fixo, escaneounas e facilitounos copia.
Os vindeiros 5 e 6 de setembro vai ter lugar en Ferrol a XVII Parrocheira, organizada pola Sección de Vela Tradicional do Club do Mar de Ferrol.
Máis información e inscrición nos teléfonos 629 33 96 47// 629 87 12 42
Este é o programa:
Sabado 5.
11:00h Recepción de embarcacions na carpa instalada en Curuxeiras.
As 12:00h saida ao mar de todalas embarcacions para facer unha volta a ria.
As 14:00h na taberna mariñeira instalada dentro da carpa, comida para os tripulantes consistente en peixe afumado e marmitako. (a comida e unha bebida por conta do Club do Mar).
As cinco e media volta ao mar dunha embarcación, O pajarito, de 1906, bote pulpeiro remontado por Salvador, o carpinteiro que traballou nos Encontros de Ferrol construindo o Carabullo, unha media construción.
Para este acto, contamos coa axuda de Antón Varela, gaiteiro compoñente do grupo Cempes e un dos máis prestixiosos de Galicia.
A continuación saida ao mar de novo acompañando ao Pajarito.
Cea na carpa amenizada por un grupo Folk.
Domingo 6.
12:00h Saída ao mar
Voltaremos á taberna mariñeira para tomar caldo limpo e o xamon que como é sabido todolos anos pola Parrocheira se leva un participante na mostra de Embarcacions. (Sempre encontramos un motivo para que o leve un dos participantes)
Pero, leva os osos, xa que o xamon o baixamos con pan e o caldo limpo o Domingo a mediodia.
O nove metros, embarcación emblematica da Seccion será levado por xente do Club de remo A Cabana.
Na taberna mariñeira temos o mellor cociñeiro, Juan Carlos do CABAZO. En donde se pode comer as mellores viandas: churrasco, criollos, orella á plancha etc. E por suposto, marmitako e peixes afumados.
Comentarios recentes
hai 10 horas 6 min
hai 2 días 15 horas
hai 3 días 4 horas
hai 4 días 6 horas
hai 4 días 13 horas
hai 1 semana 3 días
hai 1 semana 4 días
hai 1 semana 4 días
hai 2 semanas 1 día
hai 2 semanas 2 días